A HISTORIA DAS NOSAS VIDAS
Schizophrenic Housewives (amas de casa esquizofrénicas) nacen a mediados do ano 2007 das cinzas de Lentejas Los Miércoles. A señora de Martin J. Fox e a señora de Zé Pequeno foron aos poucos dándolle forma á unha banda influenciada por grupos como Rip Offs, The Electric Eels ou os Units.

Comezaron a gravar e a improvisar temas propios e versións en Agosto de 2007 utilizando a tecnoloxía mais punteira en trash punk-rock. Para este primeiro traballo a señora de Martin cantou, tocou a guitarra e o schizo; a señora de Zé fixo coros, tocou o baixo e o kazoo. A batería e demais percusións foron a cargo da ex-primeira ministra británica Margaret Thatcher que mais tarde decidiría deixar a banda por problemas de saúde mental.

O seu lugar foi reemplazado pola señorita Copperfield, unha vella amiga da escola e musical das señoras de Zé e Martín, xa que as tres tiveran unha banda (The Cherry Dicks) fai moitísimos anos.
Se queres porte en contacto con elas, bótalle un ollo ao seu myspace ou envíalles un e-mail:
