Adeus Woodstock?
A pasada ponte do primeiro de Maio enterámonos de que non lle ian renovar o aluguer ao Woodstock e, portanto, anunciaban o seu feche definitivo.
Ante tan traumática nova, decidimos montar unha festa de despedida como se merecía. Puxémonos en contacto con The Phantom Keys, Telephones Rouges e Los Hijos Bastardos de Peter Lorre para dar un bolo e de paso montar unha festa rachada.
A festa durou e durou, tanto que testemuñas aseguran ter visto xente alí dentro ás 15 horas do día seguinte, a pesares de que o alcol estaba practicamente esgotado.
Pois ben, a día de hoxe e pasados exactamente 15 días desde aquela amarga despedida, o Woodstock anuncia a sua reabertura a finais deste mesmo mes, algo así como o conto do lobo.
O vídeo que amosamos é desa mesma noite de suor e frenesí, mentres tocábamos “Stacye” dos “The Reatards”.
FALA AÍ!