Et voilà!
Este sábado día 4 demos a cara por primeira vez e tocámoslle uns temas no pub TNT dentro do festival Ogrobe Rocks!.
Catro horas de música de cinco bandas locais, entre elas: Alto Volta, Megapurple Sex Toy Kit, Analogic e Telephones Rouges. A asistencia de público (160 entradas vendidas) superou moitísimo o previsto nun principio e demostrámoslle por goleada ao goberno local que facer cousas coas bandas de aquí é unha boa idea.
Podedes verlle unha galería de fotos desa noite aquí. Por suposto, e como sempre, as fotos son de Miguel Muñiz, alias Henrique.
FALA AÍ!